Quantcast
Channel: A trenza
Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Unha presidenta para Galicia

$
0
0

Así mesmo titulei o último artigo publicado en Galicia Confidencial e que podes ler nesta ligazón. Foi escrito a partir das manifestacións celebradas en todo o mundo o 8 de Marzo a prol da eliminación de desigualdades laborais e sociais entre home e muller. En España e en Galicia, as manifestacións polo Día da Muller Traballadora foron realmente importantes. Nós participamos na da Coruña e sentimos formar parte dun evento transcendente, pensamos que aquel día había ser o primeiro dun tempo novo máis xusto e máis lóxico.

Conseguín tirar da cabeza casos como os de Susana Díaz o Cristina Cifuentes e imaxinar como sería Galicia cunha presidenta na Xunta. Nas vindeiras eleccións, darase esa posibilidade. As probabilidades son escasas pero é certo que Ana Pontón ten algunha opción de tornarse a vindeira presidenta do goberno galego. No artigo lístanse os factores que haberían concorrer para facelo posible.

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 106

Latest Images

Trending Articles





Latest Images